Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2021

Horarios dos Museos Científicos a partir do 1 de setembro

Cambian os horarios de apertura do Aquarium Finisterrae, a programación do Planetario da Casa das Ciencias e das actividades da Domus.

O Aquarium Finisterrae abrirá de luns a domingo das 10.00 ás 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas. Para visitalo é imprescindible realizar unha reserva previa de entrada, cun máximo de 3 días de antelación.

A Casa das Ciencias, que ten pechadas as súas salas de exposicións, ofrece a diario 4 sesións de Planetario, para as que é imprescindible realizar unha reserva previa de entradas, cun máximo de 3 días de antelación.

A programación de luns a domingo é:

  • 11.30 h. «A noite é necesaria». Galego. Maiores de 10 anos
  • 13.00 h. «Viajando con la luz». Castelán. Maiores de 6 anos
  • 16.30 h. «El cielo de Cloe». Castelán. De 4 a 6 anos
  • 18.00 h. «Viaxando coa luz». Galego. Maiores de 6 anos

A Domus, que está aberta exclusivamente para asistir a actividades programadas, ofrece as seguintes:

  • «maker@domus». Actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. A partir de 8 anos.
  • «atapuerca@domus». Obradoiro para pintar como na prehistoria, explorando de primeira man as técnicas artísticas que inventaron os nosos/as antepasados/as. E con Tadeo Jones, as persoas participantes coñecerán os segredos de Atapuerca. A partir de 6 anos.
  • «misión@domus». Un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. A partir de 6 anos.

Ademais, na sala de cinema da Domus, proxectaranse os seguintes títulos:

  • Ás 11.00 horas: «En busca del primer europeo». Narra unha viaxe científica chea de humor e aventuras, no que Luís Quevedo dá vida a un mozo que busca respostas, e Eudald Carbonell, científico e codirector dos xacementos de Atapuerca, a un eminente arqueólogo ao máis puro estilo Indiana Jones. O documental recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Prismas Casa das Ciencias.
  • Ás 12.30 e 17.00 horas: «Wilmed, el último bosque mediterráneo». É un documental sobre os bosques de Sierra Morena, un dos espazos naturais con maior singularidade de Europa; o maior bosque mediterráneo do mundo, cunha superficie dun millón de hectáreas, onde aínda voan as heráldicas aguias imperiais, habita o mítico lobo e caza o lendario lince ibérico. Obtivo o premio Prismas Casa das Ciencias en 2014 e tivo 8 candidaturas aos Premios Goya en 2015.

Para asistir a estas actividades e proxeccións da Domus debe realizarse unha reserva de entradas cun máximo de 3 días de antelación.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión