Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2021

Finalizada

«A campaña do Argus», exposición fotográfica sobre a pesca do bacallau

A mostra está instalada na sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae

«A campaña do Argus» contén unha colección de imaxes realizadas polo fotógrafo e mariño australiano Alan Villiers, quen embarcou na primavera de 1950 no buque Argus con pescadores portugueses, nunha viaxe que o levou desde Lisboa ata os bancos de Terranova.

A pesca do bacallau era a última actividade económica que usaba a navegación a vela en viaxes transoceánicos, e o Argus era un dos veleiros de pesca máis impoñentes da mítica frota White Fleet.

Esta colección de fotografías constitúe un minucioso e fermoso testemuño da pesca do bacallau naqueles veleiros, e permite entender os múltiples significados deste patrimonio singular.

«A campaña do Argus» é unha produción do Museu Marítimo de Ílhavo/Câmara Municipal de Ílhavo, Portugal.

A exposición chega á Coruña no marco do proxecto de cooperación interterritorial e transnacional Pasaporte REMA, iniciativa promovida pola Consellería do Mar, e financiada polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) na que participan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión