Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
26 de xullo de 2020
Para asistir ao Planetario é indispensable realizar unha reserva previa de entradas. A visita libre ás salas de exposicións non está dispoñible.
Por mor das circunstancias sanitarias actuais, o acceso á Casa das Ciencias está limitado a asistir ás súas sesións de Planetario. Polas características desta sala, o acceso está permitido só a maiores de 4 anos.
Programación:
Como realizar a reserva de visita?
Para asistir a unha das sesións de Planetario é indispensable realizar unha reserva previa aquí.
Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da sesión á que se quere asistir. Pódense reservar un máximo de cinco entradas. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.
NORMAS COVID-19
Debido ás características da sala do Planetario e á duración das sesións, por seguridade, todas as persoas, de calquera idade, deberán asistir coas súas propias máscaras sen válvula exhalatoria e portaranas todo o tempo.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
29 de decembro de 2020
A exposición «Ceos galegos» presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.
21 de decembro de 2020
A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae estarán abertos todos os días excepto o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
17 de decembro de 2020
O Planetario da Casa das Ciencias ofrecerá esta fin de semana sesións especiais sobre a conxunción de Xúpiter e Saturno.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible