Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2020

A Domus, aberta só cun programa de actividades

Só se poderá acceder ao museo para participar nalgunha destas actividades, sempre con reserva previa de entradas. A visita libre polas salas de exposicións non está dispoñible.

Por mor das circunstancias sanitarias actuais, o acceso á Domus está limitado a un programa de actividades na sala maker@domus, o Laboratorio Aberto e o cinema da sala Leonardo da Vinci:

  • maker@domus: actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. Unha oportunidade única para «pensar coas mans». Idade mínima: a partir de 10 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: unha hora e media.
  • atapuerca@domus: proxección da película En busca del primer europeo, foto coa familia homínida e taller de pintura prehistórica. Idade mínima: a partir de 8 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: unha hora e media.
  • misión@domus: un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. Idade mínima: a partir de 6 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: 40 minutos.

Para quen?

A cada actividade só poderá asistir un único grupo de, como máximo, cinco persoas conviventes. Por tanto, só se poderá reservar unha praza na actividade, que dá dereito ao acceso dun único grupo de, como máximo, cinco persoas conviventes.

Como realizar a reserva de visita?

Para participar en calquera destas actividades da Domus haberá que realizar previamente unha reserva por Internet, picando aquí. Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da actividade que se quere realizar. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.

NORMAS COVID-19

As persoas participantes asistirán coas súas propias máscaras sen válvula exhalatoria e levaranas durante toda a actividade.

Realizaranse lavados frecuentes de mans coas solucións hidroalcohólicas dispoñibles.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión