Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2019

A Domus acolle o concerto «Gran Torso» do Festival RESIS de música contemporánea

A entrada será gratuíta, pero é necesario reservar invitacións a partir do 2 de maio ás 10.00 horas

O primeiro concerto do Festival RESIS 2019 de música contemporánea terá lugar na Domus, o sábado 11 de maio ás 20.00 horas. Este recital inaugural incluirá música de cinco dos compositores e compositoras de maior influencia no século XX: Gérard Grisey, Agata Zubel, Kaija Sariaaho, Pierre Boulez e Bruno Mantovani.

Este concerto supón a presentación de obras nunca antes escoitadas en Galicia, e estará a cargo de novos intérpretes que se perfeccionaron no estranxeiro.

Hugo Gómez-Chao Porta, compositor residente de Xuventudes Musicais 2019-2020 e gañador da última edición do Premio SGAE e CNDM de Novos Compositores, será o director do conxunto.

Para asistir é preciso reservar invitación, a partir do 2 de maio ás 10.00 horas, neste formulario online.

Máis información: https://www.resisfestival.com/

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión