Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de novembro de 2018

A Domus acolle a Feira OSHWDem de tecnoloxía aberta

Con motivo deste evento, a entrada á Domus será gratuíta o sábado 10 de novembro, de 10.00 a 20.00 horas.

Por sétimo ano consecutivo a asociación de makers Bricolabs organiza a Feira OSHWDem (Open Source Hardware Demonstration) de tecnoloxía aberta, que se realiza cada ano na Domus.

A feira incluirá ao longo de toda a xornada multitude de actividades, como as competicións onde se poderá ver a robots pelexando de forma autónoma, resolvendo complexos labirintos á velocidade da luz e competindo entre eles en carreiras incribles.

Tamén se propón o Reto CloneWars de impresión 3D colaborativa no que se trata de encher unha parede da sala domus@maker con engrenaxes de diversas cores e formas xeradas con impresoras 3D.

E o Reto e-téxtiles, no que se pretende formar un panel con pequenas mostras do que se pode construír con esta tecnoloxía.

Ademais haberá unha exposición con máis de 50 proxectos, mini charlas, concursos e talleres, dirixidos a todo o público que se achegue á Domus este sábado, no que a entrada será gratuíta.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

http://oshwdem.org/

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión