Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

7 de febreiro de 2020

A Domus realiza unha semana de actividades con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia

Do 11 ao 15 de febreiro haberá charlas de cultura científica, un taller para escolares e un encontro con investigadoras.

As actividades comezarán o martes 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co ciclo de charlas de cultura científica «Estrelecidas», coordinado pola escritora e divulgadora Estíbaliz Espinosa.

As charlas de «Estrelecidas», que se realizarán na Domus ás 20:30 horas, serán as seguintes:

  • Martes 11: Lunáticas ou a muller na lúa segundo a ciencia, o cinema e a literatura. Con Laura Morrón, física e editora, e Borja Tosar, astrofísico e piloto.
  • Xoves 13: Descerebradas ou cerebros, anatomías e sexos segundo a ciencia e a literatura. Con Casto Rivadulla, profesor da UDC e investigador en NEUROcom; Marilar Aleixandre, escritora e bióloga; e Joana Magalhaes, bióloga e divulgadora científica.
  • Venres 14: Lingoreteiras ou escribir e publicar ciencia. Con Deborah García Belo, química e divulgadora científica, e José Edelstein, físico e escritor.

Ademais destas charlas, o mércores 12 de febreiro, ás 11.00 horas, haberá un taller sobre o ADN, organizado pola Asociación Española contra o Cancro, ao que asistirá un grupo escolar de Primaria, do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña. A actividade consistirá en extraer o ADN dunha froita, e en realizar un xogo de cartas no que se emparellarán científicas importantes na historia cos seus fitos máis relevantes.

Tamén o mércores 12, ás 19.30 horas, terá lugar a charla titulada «Cancro de pulmón: exemplo de éxito de oncoloxía de precisión», a cargo da doutora Rosario García Campelo, oncóloga no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Organizada por CorBi Foundation.

E o sábado 15, ás 12.00 horas, a Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza a actividade Atrévete a investigar con elas!, dirixida a público familiar. Trátase de compartir espazo con catro investigadoras da UDC para coñecer a súa traxectoria científica e vital, os seus logros profesionais e algunhas anécdotas que viviron co obxecto de incentivar entre as persoas asistentes a curiosidade pola profesión de investigadora e científica. Estas son as científicas participantes:

- María Carreiro Otero, investigadora do Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sustentable (GAUS).

- Carmen de Labra Pinedo, investigadora do grupo Neurociencia e Control Motor (NEUROcom).

- Teresa López, investigadora do grupo Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).

- Vanessa Valdeiglesias García, investigadora do programa Beatriz Galindo e do grupo Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA).

A entrada ás charlas e as actividades do sábado 15 é libre, ata completar a capacidade da sala.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión