Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2021

Os Museos Científicos Coruñeses lanzan un programa de visitas virtuais para público xeral

Para participar nestas visitas, que son gratuítas, hai que reservar a través dun formulario electrónico.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae están pechados actualmente polas circunstancias sanitarias, pero agora o público poderá visitalos de maneira virtual as fins de semana e os festivos. Estas visitas, que teñen unha duración de 30 minutos e son gratuítas, realizaranse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.

As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para conectarse co persoal de atención ao público que estará a dirixir a actividade desde o museo, co que ademais se poderá conversar a través do vídeo ou do chat.

As visitas que se ofrecen son as seguintes:

Casa das Ciencias

  • Exposición «Puro Swing»: unha visita para asistir ás máis sorprendentes demostracións sobre o movemento dos péndulos, comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas. Horario: 11.30, 13.00 e 17.00 horas.

Domus

  • Laboratorio Aberto: disección en directo de corazón. Horario: 11.30 e 17.00 horas.
  • Exposición «Bocados»: visita á exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Realización de experimentos relacionados coa nutrición. Horario: 13.00 horas.

Aquarium Finisterrae

  • Maremagnum: unha visita aos grandes acuarios, cos seus variados ecosistemas mariños, e á vida intermareal na Charca das Caricias. Horario: 13.00 horas.
  • Nautilus: visita a sala máis espectacular do Aquarium, onde nadan os peixes de maior tamaño, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, e os bancos de xardas e xurelos. Horario: 11.30 e 17.00 horas.

Reservas

As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva neste formulario, que estará aberto desde dous venres antes ás 10.00 horas da fin de semana escollida ata o mércores anterior ás 15.00 horas.

O venres xusto anterior á visita solicitada, pola mañá, enviaráselles un correo de confirmación ás persoas que obtivesen praza, xunto coa ligazón para a conexión.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión