Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de novembro de 2020

Os Museos Científicos Coruñeses lanzan unha oferta de visitas escolares virtuais

Serán gratuítas para todos os grupos escolares que as soliciten e estarán dispoñibles para todos os niveis educativos.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrrae desenvolveron un conxunto de actividades para os grupos escolares que desexen visitalos e gozar das súas experiencias sen saír da aula. As visitas virtuais, que se realizarán a través dunha aplicación de videoconferencia, permitirán ademais interactuar coa aula a través do vídeo ou do chat.

A Domus ofrece un completo programa de talleres que inclúen diseccións en directo de corazón, de ollo e de flores, así como visitas virtuais á exposición sobre nutrición, acompañadas de xogos interactivos e experimentos.

No Aquarium Finisterrae haberá visitas guiadas á sala Maremagnum con detemento nos ecosistemas mariños dos grandes acuarios e na vida intermareal da Charca das Caricias. Tamén haberá unha visita á sala Nautilus, onde se poderán coñecer os peixes de maior tamaño que nadan alí, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, así como os bancos de xardas e xurelos.

Os grupos que elixan a Casa das Ciencias poderán descubrir, realizando unha conexión en liña desde a exposición «Puro Swing», os experimentos con péndulos de Galileo e Foucault que cambiaron a historia da ciencia. Unha oportunidade para comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos e aprender a facer maxia con varios péndulos axustados.

Estas visitas virtuais serán gratuítas para todos os grupos escolares que as soliciten, e estarán dispoñibles para todos os niveis educativos.

Máis información e reservas de visita aquí.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión