Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2019

Merendas no Aquarium

O venres 1 de marzo ábrese a preinscrición para as novas sesións desta actividade infantil, que se realizarán en marzo, abril, maio e xuño de 2019.

A actividade da fin de semana «Merendas no Aquarium» está pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán experimentos relacionados coa vida dos seres mariños e despois merendarán chocolate con churros.

Para participar nas Merendas hai que preinscribirse a través dun formulario electrónico, dispoñible aquí.

Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10:00 e as 13:00 horas do 1 de marzo.

Estas novas sesións das «Merendas no Aquarium» terán lugar os sábados e domingos de marzo, abril, maio e xuño de 2019, ás 16.45 horas, cun total de 480 prazas. Pódense consultar as datas no formulario de inscrición.

Cada persoa participante admitida deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratis para os nenos e as nenas socios/as da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para as persoas titulares da Tarxeta Vente.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión