Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de novembro de 2022

Semana da Ciencia 2022

Do 14 ao 20 de novembro a entrada aos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina.

Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.

A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade dos museos non estea completa.

As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo. Entregaranse un máximo de 2 invitacións por persoa.

A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXV Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se celebrará no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 19 de novembro.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión