Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
17 de decembro de 2020
O Planetario da Casa das Ciencias ofrecerá esta fin de semana sesións especiais sobre a conxunción de Xúpiter e Saturno.
O sábado 19 e o domingo 20 de decembro, as sesións de persoas adultas das 11.00 e 18.00 horas estarán dedicadas á conxunción de Xúpiter e Saturno que se pode observar estes días.
Nestas sesións explicarase como observar este acontecemento astronómico, que ocorre varias veces cada século, aínda que había centos de anos que ambos os planetas non se atopaban tan próximos no firmamento. Mirando ao suroeste, ao principio da noite, sobre as 19.00 horas, estes días pódese ver a Xúpiter, moi brillante, e ao seu lado, máis tenue, Saturno. O día 21 ambos os planetas estarán tan preto que resultará difícil diferencialos.
Para asistir a unha das sesións de Planetario é imprescindible realizar unha reserva previa de entrada aquí.
29 de decembro de 2020
A exposición «Ceos galegos» presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.
26 de decembro de 2020
— A xornada comezará ás 15 horas e finalizará ás 18.30 h coa entrega de premios.
21 de decembro de 2020
A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae estarán abertos todos os días excepto o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible