Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2019

Talleres do grupo UDCiencia no Aquarium Finisterrae

As actividades terán lugar o sábado 6 de abril de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas)

O Aquarium Finisterrae acolle, o vindeiro sábado 6 de abril, unha xornada de talleres científicos con experimentos e xogos relacionados co mar e cos seus habitantes. Profesorado e alumnado da Universidade da Coruña (UDC) ofreceranlle ao público catro actividades en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas):

  • Anatomía dun peixe
  • O sabor do mar
  • Mar de plástico
  • Anisakis e outros vermes mariños

Con esta iniciativa, a UDC quere celebrar o vixésimo aniversario do Aquarium Finisterrae (cumpre 20 anos o 5 de xuño), expoñéndolle ao público como afecta o océano ás nosas vidas e sobre como a nosa cultura impacta sobre este medio.

A participación nesta actividade será libre e gratuíta. Deberase aboar só a entrada correspondente ao Aquarium.

A actividade está organizada polo grupo UDCiencia (de divulgación e innovación docente) da UDC.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión