Actividade para conmemorar o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña.
Para público en xeral
26/11/2022
Xa rematou
De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
A participación será libre para todos os visitantes que aboen a entrada correspondente na recepción do Aquarium Finisterrae.
UDCiencia d+i e Aquarium Finisterrae-Museos Científicos
UDCiencia, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos, organizan a V Feira de Ciencia Isabel Zendal.
A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 219 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas.
Neste evento, que se celebrará o sábado 26 de novembro, o Aquarium Finisterrae acollerá un programa de once obradoiros atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña. Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades.
Obradoiros:
22 de decembro de 2022
Dirixido a maiores de 7 anos, incorpórase á programación do Planetario este Nadal
21 de decembro de 2022
A mostra contén fotografías, fragmentos de testemuños da cidadanía e esculturas creadas a partir dos restos do naufraxio.
12 de decembro de 2022
Está formada por 15 fotografías e un vídeo no que se mostran especies de cetáceos do Atlántico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible