Terá lugar os sábados 10 de outubro, 21 de novembro e 5 de decembro de 11.30 a 13.30 horas, e está dirixida a maiores de 16 anos
Para público en xeral
Os días 21/11/2026 ás 11:30 , 05/12/2026 ás 11:30
Inscrición: a partir do luns 5 de outubro ás 10.00 nesta ligazón
De 11.30 a 13.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
12 por sesión
10 €, entrada xeral.
Gratis, para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, para os titulares da Tarxeta Vente e para persoas con discapacidade.
Maiores de 16 anos
O Aquarium Finisterrae organiza a actividade «Viaxe ao centro do Aquarium» os sábados 10 de outubro, 21 de novembro e 5 de decembro de 11.30 a 13.30 horas, co obxectivo de achegarlle a ciencia á cidadanía e mostrar os espazos técnicos e os procesos que fan posible o funcionamento do acuario coruñés. Esta actividade de divulgación científica e educación ambiental está dirixida a maiores de 16 anos e dispón dunha capacidade máxima de 12 participantes. O prezo da entrada é de 10 euros, agás para os membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, para os titulares da Tarxetas Vente e para persoas con discapacidade, que é gratis. As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 5 de outubro ás 10.00 a través desta ligazón.
Durante a visita, o persoal técnico do centro guiará ás persoas participantes polas zonas de bombeo, filtración, laboratorio, cociña, corentenas e a sala de cultivos auxiliares. Os asistentes poderán observar os recursos e sistemas que se empregan para manter en condicións óptimas os millóns de litros de auga mariña que circulan cada día polos tanques e formular as súas preguntas sobre a conservación da biodiversidade mariña.

20 de setembro de 2026
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 14 de novembro no Concello da Coruña

31 de xullo de 2026
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible