Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de marzo de 2021

Xperimenta virtual, nuevo programa de actividades para escolares de Primaria

Proyecto de la concejalía de Educación en colaboración con los Museos Científicos.

Xperimenta virtual é un proxecto para grupos de 3º a 6º de Educación Primaria de centros escolares da Coruña. Os grupos participantes realizarán na súa aula unha disección de flores que será guiada a través dunha videoconferencia por unha persoa do equipo de educación da Domus.

A actividade, que é gratuíta e ten unha duración duns 45-50 minutos, realizarase a través de Google Meet. Para participar é necesario realizar unha solicitude enchendo un formulario de reserva.

Os grupos escolares que teñan unha reserva para esta actividade recibirán previamente na súa aula unha caixa cos materiais necesarios e desinfectados (unha flor Lilium, tesoira, pinza, bandexa, cinta adhesiva, etc) para que cada estudante poida seguir as instrucións que lles irán facilitando desde a Domus.

O profesorado responsable de cada grupo participante recibirá ademais un xogo de Kahoot para utilizar despois da actividade co seu alumnado. Trátase dun xogo deseñado especialmente para esta actividade coa plataforma gratuíta Kahoot, que permite a creación de concursos na aula para aprender ou reforzar a aprendizaxe e onde o alumnado é quen concursa.

Xperimenta virtual é un proxecto da Concellería de Educación do Concello da Coruña en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión