Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2021

XXV Día da Ciencia. Da rúa ao teatro

O sábado 8 de maio celébrase o XXV Día da Ciencia, que este ano, de maneira excepcional, trasládase do Parque de Santa Margarita ao escenario do Teatro Colón.

O Día da Ciencia na Rúa, que tradicionalmente reúne a ducias de centros educativos e milleiros de persoas no Parque de Santa Margarita, trasládase este ano de maneira excepcional ao Teatro Colón nunha xornada que conserva a esencia da celebración adaptándoa ás circunstancias sanitarias.

Esta edición especial chega nun cambio de ciclo, tras unha exitosa traxectoria de 24 anos organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da man do seu presidente Javier Novelle, falecido hai uns meses, o Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos e coa colaboración da EMALCSA e a Cátedra UDC- EMALCSA, dá un novo impulso a este evento nun formato que permite continuar a actividade aínda nestes tempos nos que se deben evitar as reunións multitudinarias.

Así, o escenario do Teatro Colón recibirá o sábado 8 de maio a alumnado de 17 centros escolares da Coruña, Betanzos, Cambre e Culleredo que presentarán actividades e experimentos científicos ante un público limitado ao alumnado e profesorado participante. As presentacións de cada centro iranse sucedendo de forma individual sobre o escenario, en 3 bloques temporais que van de 10 a 12 horas, de 12.30 a 14.30 e de 16.30 a 19 horas.

Ademais, acompañarán ao alumnado no escenario dous profesionais da ciencia e a divulgación, Alba Aguión e David Ballesteros, que presentarán as actividades e interactuarán cos seus protagonistas.

Entre estas actividades haberá xogos sensoriais relacionados coa natureza; experimentos coas ondas; a fabricación de luciérnagas artificiais; a recreación de ambientes futuristas; un baile con traxes adornados con luces led; demostracións sobre a electrólise da auga; un medidor de pH con sustancias naturais; a elaboración de bioplásticos con fécula de millo; exhibición de aparellos construídos polo alumnado, como un medidor de CO2 ou un respirador artificial; xogos de topología e escapismo; xogos matemáticos; experimentos relacionados con reaccións químicas con efectos visuais rechamantes, e outras relacionadas cos elementos da táboa periódica; análise de compoñentes dos alimentos; experimentos sobre a propagación do son; ou actividades maker relacionadas co mundo forestal. Ademais, o profesorado e alumnado do IES Rosalía Mera presentarán actividades de robótica coas que farán unha homenaxe a Javier Novelle.

Os centros que participan neste especial Día da Ciencia sorteando todas as dificultades e facendo un esforzo aínda máis encomiable que nunha edición normal son: IES Menéndez Pidal, CEE María Mariño, IES Rosalía Mera, Colegio Montespiño, Colegio Franciscanas, EI Monte Alto, EI Os Cativos, Colegio Internacional Eirís, Colegio Maristas, IES David Buján, IES Eusebio da Garda, CPR Nuestra Señora del Carmen, IES Elviña, CPR Andaina, IES Agra do Orzán, IES Rego de Trabe e CPR A Grande Obra de Atocha.

Aínda que o evento non estará aberto ao público xeral, farase unha gravación de toda a xornada e emitirase en diferido posteriormente a través dunha canle na internet.

Entrada gratis aos Museos Científicos

Con motivo do Día da Ciencia, a entrada ao Aquarium Finisterrae, ás sesións de Planetario da Casa das Ciencias e ás actividades da Domus serán gratuítas. Debido ás circunstancias sanitarias é impresncindible realizar unha reserva previa de entradas:

Reservas Aquarium Finisterrae

Reservas Planetario da Casa das Ciencias

Reservas talleres da Domus

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión