22 de outubro de 2019
A persoa que fixo o número 4 millóns estaba entre os integrantes dun grupo escolar que visitou o centro neste día.
Na mañaña do martes 22 de outubro a Casa das Ciencias recibiu a visita de público que fixo o número 4 millóns desde a súa apertura o 1 de xuño de 1985.
Foron protagonistas deste acontecemento un grupo de nenos e nenas do Colexio Público José Cornide Saavedra da Coruña, que tiñan organizada a súa visita á Casa das Ciencias neste día.
As previsións anuais de visitantes facían pensar que este fito chegaría a finais de ano, pero o repunte na afluencia de público nos últimos meses adiantouno. No que vai de ano os tres Museos Científicos Coruñeses experimentaron un incremento notable de visitantes, de arredor do 15%.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10.00 a 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible