Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2020

A Casa das Ciencias está aberta só para sesións de Planetario

Para asistir ao Planetario é indispensable realizar unha reserva previa de entradas. A visita libre ás salas de exposicións non está dispoñible.

Debido ás circunstancias sanitarias actuais, o acceso á Casa das Ciencias está limitado á asistencia ás súas sesións de Planetario. Dadas as características desta sala, o acceso está permitido só a maiores de 4 anos.

Programación:

  • 11.00 h. «Da Terra ao universo». Para maiores de 10 anos. Galego
  • 13.00 h. «Más allá del Sol». De 6 a 12 anos. Castelán
  • 16.30 h. «El cielo de Cloe». De 4 a 6 anos. Castelán
  • 19.00 h. «Lévame á Lúa». Para maiores de 10 anos. Galego

Como realizar a reserva de visita?

Para asistir a unha das sesións de Planetario é indispensable realizar unha reserva previa aquí.

Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da sesión á que se quere asistir, e pódense reservar un máximo de cinco entradas. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.

NORMAS COVID-19

Debido ás características da sala do Planetario e á duración das sesións, por seguridade, todas as persoas, de calquera idade (no Planetario non poden entrar persoas menores de catro anos), deberán asistir coas súas propias máscaras sen válvula exhalatoria e portaranas todo o tempo.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión