Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de outubro de 2022

A Casa das Ciencias participa no proxecto europeo «Máquinas de viaxar urbanas»

Un grupo de traballo formado por poetas e estudantes universitarios/as desenvolverán obras artísticas que se representarán no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña nun festival de poesía no primeiro trimestre de 2024.

Arrinca o proxecto europeo «Máquinas de viaxar urbanas» que se alongará ata o outono de 2024 con distintas actividades que buscan promover traballos poéticos contemporáneos, experimentais e innovadores para crear experiencias de inmersión do público en planetarios europeos, a través de actuacións en directo con narracións orais e visuais.

Convocatoria para poetas 

O primeiro paso da iniciativa é convocar a poetas de toda Europa para participar en tres períodos de residencia nas tres universidades participantes no proxecto: Escola de Arte, Deseño e Arquitectura de Helsinqui-Universidade Aalto; a Academia polaco-xaponesa de Tecnoloxía da Información de Varsovia; e a Real Academia de Belas Artes de Amberes.

Cada grupo de poetas e estudantes levarán as obras desenvolvidas a un festival de poesía a toda cúpula en directo nos planetarios participantes, que son, ademais do da Casa das Ciencias da Coruña, o Planetario de Tartu en Estonia, o Planetario de Viena en Austria e o Planetario de Bruxelas en Bélxica. O festival que acollerá o Planetario da Casa das Ciencias terá lugar en marzo de 2024.

As persoas que desexen participar deben presentar antes da medianoite do 10 de novembro de 2022 toda a información requirida neste formulario. PRAZO AMPLIADO ATA O 15 DE NOVEMBRO.

Este proxecto está financiado polo Programa Europa Creativa da Unión Europea.

Para calquera dúbida coa solicitude, as persoas interesadas deben escribir ao correo electrónico: utmcallforpoets@gmail.com

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Documentos:

Convocatoria--CALL_UTM.pdf (791 KB)

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión