Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2018

A Casa das Ciencias presenta o programa «A noite é necesaria»

O filme, que aborda os efectos da contaminación lumínica, incorpórase á programación de verán

Ninguén pode negar que a iluminación nocturna é un invento marabilloso que nos permitiu prolongar a actividade fóra da casa despois de anoitecer e fixo máis seguro camiñar por rúas e camiños. Ao longo dos séculos iluminamos a noite con candís de aceite, farois de gas e, desde o século XIX, luces eléctricas cada vez máis potentes. Pero nesa liña de progreso social e tecnolóxico nalgún momento perdemos o sentido da iluminación nocturna.

De alumar a nosa actividade pasamos a pretender erradicar a noite, incrementando os niveis de luz nocturna ata límites moi superiores ao que precisamos, e que poñen en risco o equilibrio dos ecosistemas nocturnos, a sustentabilidade enerxética das nosas sociedades, a saúde humana e, por suposto, o acceso ás paisaxes nocturnas e o ceo estrelado. Padecemos así un problema de "contaminación luminosa" coa vantaxe, fronte a outras formas de contaminación, de que neste caso sabemos como resolver o problema, e ademais a solución non custa máis cartos, senón que os aforra.

«A noite é necesaria» é un audiovisual para planetarios que inclúe secuencias nocturnas en diversas cidades españolas, espectaculares animacións inmersivas que recrean lugares remotos do cosmos e, por suposto, a proxección do ceo estrelado.

A partir do 23 de xuño proxectarase ao público no Planetario da Casa das Ciencias ás 13.00 horas (versión en castelán) e ás 18.00 horas (versión en galego).

O programa está producido polos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e a participación dunha ducia de planetarios e museos de ciencia en España, Portugal e Alemaña.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Páxina web:

http://www.lanocheesnecesaria.org/

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión