Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña móvese: Charla sobre educación vial

En colaboración coa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

Das 19.00 h ás 20.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O martes 24 de maio ás 19 h. temos na Biblioteca Fórum temos unha charla sobre educación vial.

A convivencia segura entre os distintos medios de transporte é posible e por iso cremos que esta charla coa Policía Local sobre seguridade vial pode botar luz sobre as posibilidades sostibles que existen.

Se queres coñecer as normas de circulación vial actuais esta charla é xusto para ti! Ven a actualizarte, ven a aprender, en familia ou só, maiores e novos, agardámoste!

Esta actividade forma parte dunha campaña informativa e formativa centrada en potenciar o uso da bicicleta e outros medios de transporte sostible como solución segura, ecolóxica e económica aos problemas actuais de mobilidade urbana.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión