Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

20 de xullo de 2020

A Domus, aberta só cun programa de actividades

Só se poderá acceder ao museo para participar nalgunha das actividades, sempre con reserva previa de entradas. A visita libre polas salas de exposicións non está dispoñible.

Debido ás circunstancias sanitarias, o acceso á Domus está limitado a un programa de actividades na sala maker@domus, o Laboratorio Aberto e o cinema da sala Leonardo da Vinci:

  • maker@domus: actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. Unha oportunidade única para «pensar coas mans». Idade mínima: a partir de 10 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: unha hora e media.
  • atapuerca@domus: proxección da película En busca del primer europeo, foto coa familia homínida e taller de pintura prehistórica. Idade mínima: a partir de 8 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: unha hora e media.
  • misión@domus: un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. Idade mínima: a partir de 6 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: 40 minutos.

Para quen?

A cada actividade só poderá asistir un único grupo de cinco persoas conviventes como máximo. Por tanto, só se poderá reservar unha praza na actividade, que dá dereito ao acceso dun único grupo de máximo cinco persoas conviventes.

Como realizar a reserva de visita?

Para participar en calquera destas actividades da Domus haberá que realizar previamente unha reserva por Internet, premendo aquí. Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da actividade que se quere realizar.

NORMAS COVID-19

As persoas participantes asistirán coas súas propias máscaras sen válvula exhalatoria e levaranas durante toda a actividade.

Realizaranse lavados frecuentes de mans coas solucións hidroalcohólicas dispoñibles.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión