Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de decembro de 2021

A Domus acolle a XII Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro

Será o 29 de decembro, nunha xornada que se desenvolverá de 9.30 a 14.30 horas de xeito semipresencial, con presentacións tanto en directo como por videoconferencia.

O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, organiza a XII Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro, na que investigadores e investigadoras galegas que desenvolven o seu labor en Francia, Reino Unido, China, Polonia, Portugal, Países Baixos, República Checa e Suecia presentarán os seus traballos, que pertencen aos máis diversos ámbitos da ciencia, destacando a química, xenética, inmunoloxía e microbioloxía, física e astrofísica, cirurxía, medio ambiente, neurociencia, metabolómica e biopolímeros.

A xornada poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube dos Museos Científicos Coruñeses, aquí.

Durante a xornada, ademais, entregaranse os seguintes premios:

- Premio Anxos Alvariño á mellor traxectoria profesional. Premio concedido polos Museos Científicos - Concello da Coruña.

- Premio ao traballo presentado con maior impacto social. Premio concedido por Hijos de Rivera S.A.U.

- Premio á mellor traxectoria profesional «Científica moza menor de 30 anos». Premio concedido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia, AMIT-Gal.

O PROGRAMA completo pode consultarse aquí.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión