Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2021

A Domus nun proxecto europeo sobre recursos educativos dixitais

Presentouse un taller en liña relacionado cos contidos da exposición sobre nutrición «Bocados».

Europeana é un espazo dixital europeo no que conflúen miles de arquivos, bibliotecas e museos co obxectivo de compartir o patrimonio cultural con fins educativos, de investigación e divulgación. Europeana convidou a museos europeos a deseñar espazos de aprendizaxe que combinen recursos dixitais e as súas propias exposicións.

A Domus, como un dos museos invitados, participou cun taller en liña deseñado sobre a exposición «Bocados», no que se realizan actividades como o recoñecemento de grans e plantas de cerreales, a creación de froitas en origami e experimentos de cociña molecular.

Este taller presentouse como un exemplo de boas prácticas na rede de museos NEMO (Network od European Museum Organizations).

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión