Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de novembro de 2018

A Domus organizar un curso sobre «biohacking» para docentes

Para participar hai que preinscribirse a través dun formulario electrónico que se abre o luns 5 de novembro.

Cristina Hernández, bioquímica da Universidade de Zaragoza, presentará o proxecto «Micromascotas», unha proposta de ciencia cidadá multidisciplinar que achega o biohacking desde a experimentación. O proxecto está desenvolvido por BIFI e Ibercivis e conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

O programa é o seguinte:

- 15 de novembro. Fabricación de biohardware 

Neste taller fabricarase unha pequena cabina de fluxo laminar DIY para realizar os cultivos microbiolóxicos de forma segura. Cada persoa participante levará a súa cabina de fluxo laminar para o seu centro educativo.

- 16 de novembro. Técnicas de microbioloxía

Daranse a coñecer as distintas "micromascotas" (bacterias, fermentos ou nemátodos de especial interese nos laboratorios de investigación) e aprenderase a preparar os medios de cultivo adecuados para cada unha, sementando e cultivando estes microorganismos que se poden usar como ferramenta docente.

Preinscricións a partir do 5 de novembro a través deste formulario electrónico

O curso é gratuíto e ten duración de 8 horas lectivas. Solicitouse a homologación do curso á Xunta de Galicia.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión