Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2022

A exposición «Fotógrafos da Natureza 2022» pódese ver no Aquarium ata finais de setembro

O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Ángel Fitor, coa imaxe titulada "O ballet das medusas"

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle a exposición «Fotógrafos da Natureza 2022», que contén as imaxes premiadas na última edición do concurso «European Wildlife Photographer of the Year», o maior e máis prestixioso de fotografía da natureza que se convoca en Europa. O seu obxectivo é contribuír a incrementar a conciencia e o interese por preservar a natureza, así como o sentido de responsabilidade cara ao medio ambiente, en especial entre o público.

Nesta convocatoria do concurso recibíronse 19.179 fotografías de 1.003 participantes, procedentes de 36 países. Grazas á pericia técnica e artística dos fotógrafos e fotógrafas e, en moitas ocasións, á sorte, podemos contemplar aspectos sorprendentes, puntos de vista insólitos e perspectivas marabillosas.

Preséntase unha visión diferente dos animais, plantas ou paisaxes que percibimos camiñantes, senderistas ou submarinistas. Esta sorprendente perspectiva, ou o tema elixido, ou quizais o intre da captura da fotografía logran emocionar e inspirar unha nova conciencia en favor da defensa da biodiversidade.

O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Ángel Fitor, cunha imaxe que titulou "O ballet das medusas" e que describe así:

"En realidade, só había dous exemplares de medusa do Mediterraneo, ou medusa de ovo frito, (Cotylorhiza tuberculata) que se movían xusto debaixo da superficie da auga, impulsados polas súas propias contraccións e a lixeira corrente. As once medusas que ven na imaxe son o resultado de once escintileos de flash mentres seguía o movemento dos cnidarios a través do encadre. Durante máis de seis anos tratei de realizar esta idea de imaxe e tiven que soportar innumerables intentos errados, o cal non é sorprendente considerando o imprevisible dos factores necesarios para o éxito."

O concurso abrangue nove categorías, cuxas fotos, galardoadas como gañadoras na categoría, finalistas ou mencións especiais, pódense ver na exposición: Aves, Mamíferos, Outros animais, Eloxio das plantas, Paisaxes, Mundo submarino, El mundo nas nosas mans, Forma e composición, e Novos fotógrafos.

Nesta edición do concurso, ademais do gañador absoluto, recoñecéronse as imaxes de 15 fotógrafos españois; deles, un resultou gañador na categoría de Forma e composición, e outro na categoría de Novos fotógrafos.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión