Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2020

Aberta a convocatoria dos Prismas á Divulgación 2020

O prazo de presentación de traballos finaliza o 31 de xullo en sete das 8 modalidades. Na de libros editados finaliza o 30 de xuño.

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca a XXXIII edición dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. Este certame premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías, Vídeo, Novos medios, Texto inédito, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.

Esta trixésima terceira edición dos Prismas desenvólvese nun momento no que vivimos unha situación excepcional, que nos demostra a importancia da ciencia na nosa sociedade. A ciencia explícanos a beleza do universo, explora o potencial dos recursos da Terra e descifra a complexidade das relacións entre os seres vivos. Hoxe somos conscientes de que tamén é a nosa mellor ferramenta para entender e defendernos fronte a ameazas da natureza como os virus. Con todo, o coñecemento científico non serve de moito se non é asumido polo conxunto da sociedade. Por iso necesitamos xornalistas, documentalistas e divulgadores que fagan que a ciencia chegue de forma comprensible a toda a cidadanía.

As persoas que desexen participar nesta convocatoria dos Prismas á Divulgación poden presentar os seus traballos e candidaturas antes do 30 de xuño para a modalidade de libros editados, e antes do 31 de xullo nas demais categorías. Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 14 de novembro de 2020.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión