Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2019

Aberta a XXI convocatoria do Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola

O prazo de presentación de propostas de investigación e das súas memorias está aberto ata o 2 de marzo de 2020.

O premio pretende fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas, e premia as investigacións e proxectos que se distingan pola súa orixinalidade e rigor, ademais de demostrar sentido crítico, curiosidade e constancia.

Nesta nova convocatoria premiaranse todas as inscricións que finalicen a súa investigación e presenten a súa memoria antes do 2 de marzo de 2020. As aulas de quen participe serán convidadas a visitar gratuitamente durante un día os tres museos científicos, complementándoa coas actividades que desexen realizar en cada un deles en función da oferta dispoñible.

A participación está aberta en dúas modalidades. A primeira dedicada a proxectos de investigación científica realizados polo profesorado nas aulas de Educación Primaria. A segunda para alumnado de Educación Secundaria que desenvolvan investigacións científicas.

O alumnado e profesorado que desexe participar pode xa enviar as súas propostas, que deberán ser aceptadas pola organización. Canto antes envíen as súas propostas de investigación máis tempo terán para realizar os seus traballos, cuxas memorias deberán entregar ata o 2 de marzo.

A fase final terá lugar na Domus o 28 de marzo de 2020, e a ela concorrerán os tres mellores traballos seleccionados en cada modalidade.

O profesorado de Educación Primaria da área metropolitana da cidade coruñesa poderá solicitar a visita á aula dun técnico dos Museos Científicos para impartir unha charla sobre como realizar unha investigación científica e os valores educativos que pode proporcionar ao alumnado. Para reservar unha data será necesario solicitala escribindo á dirección premioluisfreire@casaciencias.org.

Organizado por Museos Científicos-Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión