Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de decembro de 2019

Aprende a atopar a estrela Rosalía de Castro na Casa das Ciencias

Desde o xoves 2 de xaneiro, todas as sesións do planetario explicaranlle ao público como orientarse para vela

O planetario da Casa das Ciencias ensina en todas as súas sesións, desde o xoves 2 de xaneiro, onde está a recentemente nomeada estrela Rosalía e o exoplaneta que a acompaña, que recibiu o nome de río Sar.

O público que se achegue ao planetario do decano dos Museos Científicos Coruñeses descubrirá, ao final de cada pase, que debe facer para ver a estrela dedicada á poeta galega e como é o planeta que a orbita. Todo acompañado por poemas de Cantares gallegos e Follas novas, lidos polas escritoras Eva Veiga, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e Dores Tembrás, que se escoitarán baixo a noite estrelada.

Con esta iniciativa, os Museos Científicos Coruñeses queren comezar o 2020 poñendo en valor este logro astronómico promovido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, no ano en que ademais organizan, por primeira vez na Coruña, o Congreso Estatal de Astronomía.

>> Consulta o horario do planetario nesta ligazón.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión