Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campamentos

Actividades para a mocidade na Domus e no Aquarium Finisterrae. Preinscricións os días 27, 28 e 29 de maio

A quen vai dirixido?:

Campamento mc2, para persoas de 12 a 14 anos, ambos incluídos

Campamento mc2+, para persoas de 15 a 17 anos, ambos incluídos

Cando:

Dende o 22/06/2020 ata o 26/07/2020

En quendas semanais

Inscricións:

• Preinscrición: desde o 27 de maio ás 10.00 horas ao 29 de maio ás 20.00 horas

• Listas de persoas preinscritas: 30 de maio ás 12.00 h, nas webs municipais e 010

• Reclamacións de listas de persoas preinscritas: 30 e 31 de maio e 1 de xuño

• Sorteo de prazas: 3 de xuño. Consultar as condicións no documento PDF anexo ao final deste recadro.

• Listas de persoas admitidas e listas de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010

• Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño

• Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño

• Inicio dos campamentos a partir do 22 de xuño.

Horario:

De luns a venres de 10.00 a 14.30 horas

Duración:

Quenda 1, do 22 de xuño ao 26 xuño. Quenda 2, do 29 de xuño a 3 de xullo. Quenda 3, do 6 de xullo a 10 de xullo. Quenda 4, do 13 de xullo a 17 de xullo. Quenda 5, do 20 de xullo a 24 de xullo

Número de prazas:

150

Prezo:

29,09 euros

Requisitos:

Estar empadroado/a no Concello da Coruña.

Daráselles prioridade ás persoas participantes cuxos/as responsables legais requiran conciliación familiar pola súa situación laboral.

Documentos:

Dinamica-de-sorteo.pdf (87 KB)

Os Museos Científicos acollen dous campamentos, un para participantes entre 12 e 14 anos e outro para a mocidade de 15 a 17 anos. Haberá 5 quendas do 22 de xuño ao 24 de xullo, unha por semana, na que participarán dous grupos de 15 persoas por cada campamento, mc2 e mc2+.

Os campamentos realizaranse no Aquarium Finisterrae e na Domus. Poderás realizar actividades relacionadas co mar e cos habitantes mariños do Aquarium Finisterrae. E na Domus participarás en actividades de tecnoloxía no espazo maker@domus, en talleres de experimentos no Laboratorio Aberto e moito máis. Unha combinación única de lecer e ciencia para que pases unhas mañás diferentes.

CAMPAMENTO MC2 (de 12 a 14 anos)

O campamento organízase da seguinte maneira: luns, martes e venres no Aquarium Finisterrae; mércores e xoves na Domus.

PREINSCRICIÓNS

CAMPAMENTO MC2 + (de 15 a 17 anos)

O campamento organízase da seguinte maneira: luns, martes e venres na Domus; mércores e xoves no Aquarium Finisterrae.

PREINSCRICIÓNS

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión