Cancelada por problemas técnicos
Para público en xeral
15/02/2020
Xa rematou
CANCELADA
Ás 17.30 horas
Entrada gratuíta, con inscrición previa, ata completar a capacidade da sala
A Domus realizará o sábado 15 de febreiro, ás17.30 horas, unha conexión en directo co xornalista e divulgador científico Xavier Fonseca desde a Antártida.
A súa intervención comezará cunha charla na que, co apoio de imaxes tomadas por el mesmo, falará en directo sobre como se desenvolve o día a día da expedición nun dos lugares máis inhóspitos e cientificamente interesantes do planeta. A continuación o público poderá realizarlle preguntas.
Xavier Fonseca está a traballar desde principios de xaneiro nas bases científicas españolas das illas Livingston e Decepción como integrante dun equipo multidisciplinar para levar a cabo un proxecto de comunicación sobre a Antártida.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10.00 a 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible