12 de novembro de 2018
SEMANA DA CIENCIA 2018
A charla, que se enmarca no programa de actividades da Semana da Ciencia, será ás 19.30 horas, con entrada libre ata completar a capacidade.
A Domus acolle o mércores 14 de novembro un coloquio con Estela Area Gómez, profesora asistente no departamento de Neuroloxía da Universidade de Columbia (Nova York), e Sandra Barral Rodríguez, profesora asociada de Neuroxenética da mesma universidade.
Neste faladoiro, que estará dirixido por Manuel Vicente, director do programa de radio «Efervesciencia», as dúas científicas falarán sobre as súas investigacións e sobre as súas traxectorias, que as levaron a investigar no campo das enfermidades neurodexenerativas (Alzheimer, Parkinson, ELA) e a relación entre a xenética e a memoria.
Actividades relacionadas
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10.00 a 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible