Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2021

Comeza o curso escolar nos Museos Científicos Coruñeses

Xa está dispoñible o servizo de reservas para os grupos educativos, que poderán gozar das exposicións e actividades programadas para este curso.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrrae xa están preparados para recibir os grupos escolares que desexen complementar os contidos curriculares con experiencias fóra das aulas.

A Casa das Ciencias estreará novos módulos interactivos na súa sala de experiencias de física, que convidarán a investigar efectos singulares, facerse preguntas e aprender a buscar respostas sobre fenómenos relacionados coa luz, as ondas sonoras ou as forzas magnéticas. Ademais, a oferta escolar para este curso ofrece un abano de programas de Planetario para os diferentes niveis educativos, incluíndo sesións en directo sobre o ceo que se pode contemplar na data da visita.

Na Domus a visita polas salas de experiencias interactivas pódese complementar con sesións de cinema e con actividades e talleres no Laboratorio Aberto e na sala maker@domus. Experimentar coa técnica da PCR, diseccionar flores, explorar diferentes aspectos da nutrición, ou construír unha variedade de mecanismos e artefactos tecnolóxicos utilizando materiais sinxelos e moita imaxinación, son algunhas das súas propostas.

No Aquarium Finisterrae a principal novidade é a oferta de itinerarios e talleres cos que as e os escolares poderán complementar a súa visita. Os grupos de educación infantil terán a posibilidade de reservar unha visita guiada adaptada ao seu nivel; as e os de educación primaria poderán iniciar a súa visita cun itinerario polos acuarios da sala Maremagnum; para os grupos de secundaria e bacharelato, a actividade «Viaxe ao Nautilus» ofrece unha charla sobre as especies que habitan o maior tanque do acuario, ou un taller sobre a bioloxía das quenllas na Charca das Caricias. E para todos os niveis educativos, ofrécese unha charla divulgativa sobre as focas e o adestramento que reciben no momento en que se lles dá para comer.

Os grupos escolares gozan de tarifas reducidas para o acceso aos Museos Científicos. No caso dos centros educativos do municipio da Coruña a entrada é gratuíta.

Documentos:

Programa educativo do curso escolar 21-22 (2 MB)

Tamén che pode interesar

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión