Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2022

Comeza o horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 a 20.00 horas, con peche de acceso ás 19.00 horas no Aquarium e ás 19.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas que se expoñen nos seus catro andares, a programación de Planetario ofrecerá a diario cinco sesións para diferentes públicos:

  • 11.30 h. «La niña que sabía caminar al revés». (Castelán). Unha historia ao revés que quere convidarnos a contemplar o que nos arrodea desde un novo punto de vista. De 4 a 7 anos.
  • 13.00 h. «Dinosauros. Unha historia de supervivencia» (Galego). Un programa que achega a historia natural ao público familiar. Maiores de 6 anos.
  • 17.00 h. «O ceo de Cloe». (Galego). Infantil. Cloe é unha profesora do planetario bastante especial, porque é capaz de cambiar de tamaño ou mesmo de estar en varios lugares á vez. De 4 a 6 anos.
  • 18.00 h «Dinosaurios. Una historia de supervivencia» (Castelán). Maiores de 6 anos.
  • 19.00 h. Sesión en directo sobre o camiño de Santiago e a Vía Láctea. Maiores de 10 anos.

Ademais, do 8 ao 14 de agosto todas as sesións de Planetario dedicarán uns minutos para explicar como ver a choiva de estrelas das Perseidas.

A Domus ofrecerá ao seu público as numerosas experiencias interactivas de exposicións como «Bocados», sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, «Xogo de neuronas», sobre a mente e a intelixencia humana, ou a mostra «Homínidos e homínidas», sobre as nosas orixes e a evolución dos trazos que nos identifican como humanos.

Ademais, incluirá na súa programación sesións de cinema científico:

  • «The Melting Point: La Desaparición de los Glaciares Pirenaicos». Documental gañador do Prisma 2021 ao mellor vídeo. Todos os días ás 12.00 h, 17.00 e 19.00 h.
  • «En busca del primer europeo». Unha viaxe científica con moito humor e aventuras no que Luís Quevedo dá vida a un mozo que busca respostas, e Eudald Carbonell, científico e codirector dos xacementos de Atapuerca, a un eminente paleontólogo. Todos os días ás 13.00 h e 18.00 h.

No Aquarium Finisterrae, ademais das últimas novidades dos seus espazos expositivos, como a poboación de xibas do tanque cilíndrico, o acuario de especies de augas profundas e a exposición sobre «Vermes mariños», ofreceranse diversas actividades e obradoiros:

  • Alimentación de focas. Unha actividade na que público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 horas.
  • «Quenllas á vista». Un obradoiro experimental para descubrir curiosidades sobre os tiburóns en xeral e en particular dos que se manteñen no Aquarium Finisterrae. Todos os días ás 18.00 horas na Charca das Caricias.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión