Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2018

Comezan as novas sesións de «Merendas no Aquarium»

A preinscrición ábrese o luns 15 de outubro, ás 10.00 horas, a través de formulario electrónico.

As novas sesións realizaranse en outubro, novembro e decembro de 2018, cun total de 200 prazas, e terán lugar sábados e domingos ás 16.45 horas.

A actividade está pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que participarán nun taller de manualidades relacionadas coa conservación do medio mariño e merendarán chocolate con churros.

Para participar hai que preinscribirse a través deste formulario electrónico. Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10:00 e as 12:00 horas do 15 de outubro.

Cada participante deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos de Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta 20.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión