Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2018

Concerto de inverno do ciclo Vortex |The Seasons

A reserva de entradas ábrese o luns 10 de decembro, ás 10.00 da mañá, a través de formulario electrónico.

A cuarta e última sesión deste ciclo de espectáculos de música electrónica estará a cargo do DJ coruñés DSVS, e terá lugar o 21 de decembro no Planetario da Casa das Ciencias, ás 21.00 horas.

O prezo da entrada é de 4 euros. A reserva de entradas terá lugar a partir do 10 de decembro ás 10.00 horas mediante este formulario electrónico. Cada persoa poderá reservar 2 entradas. Prazas limitadas a 70. Recomendado para persoas maiores de 10 anos.

Unha vez confirmadas as reservas, as entradas deberán retirarse antes do 16 de decembro na recepción da Casa das Ciencias (de 10.00 a 18.30 horas). As entradas que non se retiraron nese momento pasarán ás persoas que se atopen en lista de espera.

DVSV

É o aka de Diego Vila, DJ coruñés dedicado principalmente á música electrónica experimental, ao ambient e ao IDM. As súas sesións buscan recrear unha atmosfera temporal única construída a base de capas nas que adoitan prevalecer as texturas sonoras sobre o ritmo.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión