Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de música electrónica Modulartec-Vortex sesión outono

O Planetario da Casa das Ciencias acollerá unha nova sesión de música electrónica do ciclo Modulartec-Vortex

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/10/2024

Xa rematou

Inscricións:

A compra de entradas en liña abrirase o luns 30 de setembro ás 12.00 horas neste enderezo

Horario:

Xoves 3 de outubro ás 21.00 horas

Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

4,12 euros

A compra de entradas en liña abrirase o luns 30 de setembro ás 12.00 horas neste enderezo

Organiza:

O concerto do ciclo Modulartec sesión outono contará coa actuación de Rói aka XEaranX aka xBruxx aka Suán, un estudoso e músico desde moi novo que aos 6 anos comezou co piano e aos 7 coa gaita. Despois de tocar en varias bandas de rock comezou a estudar arpa celta e especializouse en música tradicional e folk de Galicia.

A parte visual será presentada por Borja Bernárdez, artista visual e membro do colectivo MIL111, que mostrará o seu novo proxecto en solitario titulado MAKYO. Na meditación zen, makyo refírese ás ilusións sensoriais que xorden durante a práctica. Este concepto é levado ao ámbito audiovisual, creando pezas que convidan o público a cuestionar a natureza da realidade e a percepción, explorando os límites entre o ilusorio e o real.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión