Unha charla con dúas neurocientíficas coruñesas que investigan na Universidade de Columbia
Para público en xeral
14/11/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
Ás 19.30 horas
Con motivo da Semana da Ciencia, a Domus acolle un coloquio con Estela Area Gómez, profesora asistente no departamento de Neuroloxía da Universidade de Columbia (Nova York), e Sandra Barral Rodríguez, profesora asociada de Neuroxenética da mesma universidade.
Neste faladoiro, que estará dirixido por Manuel Vicente, director do programa de radio «Efervesciencia», as dúas científicas falarán sobre as súas investigacións e sobre as súas traxectorias, que as levaron a investigar no campo das enfermidades neurodexenerativas (Alzheimer, Parkinson, ELA) e a relación entre a xenética e a memoria.
» Estela Area. Doutora en Bioloxía, iniciou en 2007 a súa carreira como investigadora independente no campo do metabolismo neuronal en enfermidades neurodexenerativas. Na actualidade é profesora asistente no departamento de Neuroloxía da Universidade de Columbia, onde forma parte do profesorado do Houston Merrit Center para a investigacion en enfermidades neuromusculares, e do Motor Neuron Center, que se centra no estudo de enfermidades neurodexenerativas, como a de esclerose lateral amiotrófica (ELA).
» Sandra Barral. Doutora en Bioloxía, comezou a súa carreira profesional na Universidade de Columbia no ano 2007, onde actualmente é profesora asociada de Neuroxenética no G. H. Sergievsky Center & Taub Institute. Aquí desenvolve as súas investigacións arredor do estudo xenético dos procesos cognitivos, tanto no envellecemento non patolóxico como no asociado a enfermidades neurodexenerativas, por exemplo a de Alzheimer.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible