Concello da Coruña

Concello da Coruña

SSBCb

Emenda das Bolsas comedor 2023_2024

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar, Educación

Vixente:

Si

Achega de documentación para a emenda de expedientes de solicitude de Bolsas comedor correspondente ao curso 2023-2024

Corrección Bolsas comedor convocatoria 2022-2023

Inscricións:

Dende o 14/06/2022 ata o 28/06/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Solicitantes de bolsas comedor do curso 2022/2023 a quen se lle requiriu documentación

Requisitos:

Este trámite debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación que fose requirida na Listaxe de corrección da convocatoria de bolsas comedor correspondente ao curso 2022/2023.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Máis información:

Os efectos da non presentación ou presentación incorrecta da documentación solicitada serán:

A) Desistimento da petición, se son requisitos do apartado 6 ou a documentación do apartado 10 da convocatoria.

B) Non puntuación nos apartados correspondentes, se se refire a documentación complementaria, do apartado 11 da convocatoria.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 14/06/2022 ata o 28/06/2022

Documentación necesaria:

Deberá presentarse aquela documentación que para cada solicitante se requirise na Listaxe de Corrección publicada no Taboleiro de anuncios municipal.

Documentos relacionados

  • Mod 088 Solicitude de bolsa comedor 2022 (140 KB)
  • Anexo I Autorización Consulta Progenit. Bolsas Comedor 2022 (351 KB)
  • Anexo II Oposición motivada. Bolsas Comedor 2022 (248 KB)
  • ANEXO III Declaración ingresos progenitors. Bolsas Com. 2022 (297 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación que se lle requiriu na Listaxe de Corrección

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas. Sempre con cita previa.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Comprobe que dispón de todos os documentos que se lle requiriron na Listaxe de Corrección.

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a firma electrónica ao final do proceso.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1542

AVISO IMPORTANTE:

Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación que lle fora requirida na Listaxe de corrección da convocatoria de bolsas comedor correspondente ao curso 2022/2023.

Teléfono

Despois

E despois?:

Unha vez finalizado o prazo de corrección, a mesa de valoración examinará a documentación presentada, aplicará o baremo establecido na convocatoria e realizará un informe co resultado da valoración.

Este informe servirá de base para redactar unha proposta de resolución provisional, que se publicará no taboleiro de anuncios municipal.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión