15 de decembro de 2018
O sábado 15 de decembro ás 19.30 horas, Estibaliz Espinosa á voz e Isabel Gómez ao piano repasarán as achegas da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño
O Aquarium Finisterrae acolle o sábado 15 de decembro, ás 19.30 horas, o recital divulgativo-literario «Curiosas na Nautilus». Estibaliz Espinosa á voz e Isabel Gómez Alonso ao piano repasarán, na sala Nautilus, as achegas da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño.
O recital terá unha hora de duración e é gratis e aberto ao público ata completar o espazo. Nesta ocasión, Espinosa e Gómez combinarán textos de Rachel Carson, Xulio Verne, Martín Códax ou da propia Ángeles Alvariño con música de Arvo Pärt, Debussy, Mahler, Saint-Saëns ou Hans Zimmer e Radiohead.
É a segunda intervención do ciclo «As curiosas son de letras + ciencia», un proxecto de simbiose entre divulgación científica, literatura e música ao redor das figuras de tres científicas galegas (Antonia Ferrín en Astronomía, Ángeles Alvariño en Oceanografía e Isabel Zendal en Biomedicina e Bioloxía).
Proxecto Xerminal
Este acto están enmarcado dentro do Programa Xerminal da Concellería de Culturas, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña ,que implica a distintos axentes da cidade como son os Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña. Tanto artistas como investigadoras ocuparán escenarios simbólicos da cartografía coruñesa (o Planetario, a sala Nautilus ou o Paraninfo da Universidade da Coruña). Figuras, textos, ideas e música para destacar o traballo destas mulleres pioneiras.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Actividades relacionadas
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible