Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso «Europeana na túa aula»

Curso de formación para profesorado co obxectivo de facilitar o uso do patrimonio cultural nas actividades de aula.

A quen vai dirixido?:

Curso para profesorado

A quen vai dirixido:

Asociaciones o centros escolares

Cando:

02/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Inscricións ata o 24 de febreiro aquí

Horario:

O 2 de marzo de 17 a 19 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Organiza:

Europeana, European Schoolnet en colaboración con Domus-Concello da Coruña.

Europeana é a biblioteca dixital europea cuxa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer, contribuíndo a unha sociedade aberta, informada e creativa.

Este curso propón coñecer os recursos de Europeana, o blogue Ensinar con Europeana, o uso das actividades dispoñibles e a creación de historias para a implementación de actividades na aula.

A sesión formativa consta dunha. formación presencial de 2 horas de duración, unha posta en práctica titorizada dunha as actividades do blog Ensinar con Europeana, e a redacción da historia sobre como funcionou a actividade na aula.

Ao finalizar o curso as persoas participantes poderán obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet. Ademais poderán participar nun concurso cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir a un obradoiro de fin de curso.

Para participar é necesario inscribirse antes do 24 de febreiro neste formulario.

O curso será impartido por Patricia Barciela, directora da Domus e embaixadora de Europeana.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión