Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2022

«Dinosauros: unha historia de supervivencia», novo programa do Planetario

O novo programa, que xunta ciencia e cinema, incorporouse á carteleira do Planetario coruñés desde o 8 de abril.

O Planetario da Casa das Ciencias incorporou un novo programa á súa carteleira, Dinosauros: unha historia de supervivencia, un audiovisual que achega a historia natural ao público familiar (maiores de 7 anos) e que poderá verse a partir do venres 8 de abril na sesión das 18.00 horas.

Esta produción cinematográfica combina a animación tradicional co 3D fotorrealista nunha viaxe apaixonante e divertida conducido por Celeste, unha nena curiosa e inqueda que nos convida a descubrir grandes misterios da ciencia.

Como a case todos os nenos e nenas, a Celeste fascínanlle os dinosauros. Está a prepararse para falar en clase sobre a súa extinción cando Moon, un máxico personaxe repleto de sabedoría, exponlle unha dúbida: e se che dixese que aínda quedan dinosauros entre nós? Celeste acompañará a Moon nunha viaxe no tempo. Unha apaixonante aventura que os levará visitar a Terra nun pasado moi, moi remoto. Verán fascinantes transformacións que acompañaron a estes seres durante millóns de anos creando criaturas xigantes, seres acoirazados e súper predadores, ata o día no que o grande impacto provocou unha extinción masiva na Terra. Pero non todo está perdido. Celeste descubrirá a clave da súa supervivencia.

Dinosauros: unha historia de supervivencia é unha produción de Render Area, coa participación do estudo de animación Monigotes Estudo 2.0, cunha ampla experiencia en longametraxes de animación.

Conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e a participación dos principais planetarios a nivel nacional, incluído o da Casa das Ciencias da Coruña.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión