Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

«Enxeñería tisular empregando células nai e biomateriais»

Conferencia a cargo da Dra. Silvia María Díaz Prado, coordinadora do grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa CICA-INIBIC.

Cando:

19/07/2018

Este evento xa rematou

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organizador:

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses

Nas patoloxías do aparello locomotor a ausencia de tratamentos eficientes motiva as persoas investigadoras para deseñar, mediante enxeñería de tecidos, un tecido biolóxico susceptible de ser implantado para substituír a zona afectada. Así, a enxeñería de tecidos é unha disciplina da medicina rexenerativa, cuxa estratexia se basea en construír tecidos tridimensionais, mediante o uso combinado de 3 factores clave: a terapia celular, os factores de crecemento e os soportes ou biomateriais.

Hoxe en día, aínda non está moi estendido o uso da enxeñería tisular nos procedementos cirúrxicos, aínda que existen moitas combinacións de células e soportes diferentes que están a ser testadas en modelos de rexeneración tisular tanto in vitro como in vivo.

Dra. Silvia María Díaz Prado:

  • Profesora da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana no Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña (UDC)
  • Coordinadora do Mestrado en Asistencia e Investigación Sanitaria da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña
  • Coordinadora do grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da Agrupación estratéxica CICA-INIBIC

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión