A mostra, instalada no espazo exterior que rodea a Casa das Ciencias, repasa algúns dos fitos da astronomía.
Para público en xeral
Dende o 13/11/2020 ata o 31/12/2021
Xa rematou
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
A exposición conmemora o centenario da Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), entidade que agrupa os astrónomos e astrónomas profesionais de todo o planeta.
Arriba e máis aló repasa algúns dos principais fitos no campo da astronomía en doce paneis instalados no parque de Santa Margarida, arredor do edificio da Casa das Ciencias.
A exposición descobre, década a década, os descubrimentos máis destacados que transformaron para sempre a nosa visión do cosmos: a comprobación experimental da Teoría da Relatividade, a expansión do universo, a orixe dos elementos químicos, a carreira espacial ou, en época máis recente, os logros do telescopio espacial Hubble e a detección de ondas gravitacionais.
O último panel contrapón o coñecemento que había en 1919 co que temos cen anos despois: pasamos dun universo cunha única galaxia coñecida a outro poboado por douscentos mil millóns de galaxias. Cambiaron tamén as preguntas que nos facemos. Hai máis dun universo? Atoparemos algún día vida extraterrestre? Que é a materia e a enerxía escura?
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible