VAL
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Urbanismo e infraestruturas
Si
Solicitude de autorización para a instalación de valos, estadas e casetas de obra en dominio público sometidas a previa autorización municipal a través de licenza.
Instalación de valos de obra, estadas ou elementos de aveño en edificios
Persoas físicas ou xurídicas que pretendan realizar a instalación.
Formulario específico de solicitude debidamente cuberto acompañado da documentación necesaria
Trátase dunha autorización suxeita a taxa, conforme á Ordenanza fiscal nº 27 reguladora da taxa por ocupación de terreos de usos público local con mercadorías, materiais de construción, puntais, tentemozos, estadas e outras instalacións análogas e a Ordenanza fiscal nº 1, reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberá achegarse á solicitude.
A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio servizos económicos da rúa da Franxa 20-22 C.P. 15001 A Coruña.
Titular da Dirección de Área de Infraestruturas e Mobilidade
No caso de que desexe solicitar unha prórroga, poderá realizarse a través do trámite de sede "Acto de trámite de presentación de documentación e/ou alegacións a un expediente" dispoñible en ,no Achega de documentación que deberá indicar o seu número de expediente.
Sen prazo.
En todos os casos
En caso de actuación mediante representante
En caso de estadas/instalacións en altura
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=363
AVISO IMPORTANTE:
Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de Instalación de valos, estadas e casetas de obras.
Se vostede quere:
- solicitar unha prórroga do prazo concedido inicialmente
- solicitar unha ampliación de instalacións
- emendar ou achegar documentación para unha solicitude presentada anteriormente,
Deberá utilizar o procedemento xenérico de Achega de documentación, no que deberá indicar o número de expediente asignado á súa solicitude inicial, que poderá consultar no apartado A miña SEDE - CARTAFOL CIDADÁN - Os meus EXPEDIENTES
Tres meses desde a presentación da documentación completa
Desestimatorio
Contra a Resolución de concesión/denegación da instalación solicitada poderanse interpoñer os seguintes recursos:
19 de maio de 2022
A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.
13 de maio de 2022
O mércores 18 de maio, Día dos Museos, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta; no caso do Aquarium, con reserva previa.
3 de maio de 2022
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día unha xornada de portas abertas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible