8 de marzo de 2019
O venres 8 de marzo ábrese a preinscrición para as sesións de marzo, abril e xuño de 2019.
O Aquarium organiza novas sesións da actividade que propón unha visita guiada pola súa zona técnica e que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, realizaranse sábados e domingos ás 12.00 horas (pódense consultar as datas no formulario de preinscrición).
Para participar hai que preinscribirse a partir das 10.00 horas do venres 8 de marzo a través dun formulario electrónico dispoñible aquí.
As persoas admitidas deberán aboar só o prezo da entrada ao Aquarium (excepto titulares da Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible