30 de maio de 2019
A entrada ao Aquarium será gratuíta os domingos 2, 9, 16 e 30 de xuño, ademais do luns 24, festivo local.
O próximo 5 de xuño o Aquarium Finisterrae cumprirá vinte anos, tempo durante os que recibiu máis de cinco millóns cincocentos cincuenta mil persoas visitantes, das que aproximadamente un 30% foron escolares.
Para lle agradecer ao público o seu apoio, que foi determinante para o éxito do museo, o Concello da Coruña decidiu realizar catro xornadas adicionais de portas abertas no Aquarium Finisterrae, que terán lugar os domingos 2, 9, 16 e 30 de xuño. Estas xornadas de acceso gratuíto súmanse á xa existente do 24 de xuño, festividade local de San Xoán.
Ademais, terán acceso gratuíto ao Aquarium todos os grupos escolares que teñan reserva de visita durante este mes de xuño.
Durante as xornadas de portas abertas as persoas visitantes poderán gozar das novidades que se organizaron con motivo do aniversario. Son a exposición "Aquarium Finisterrae: 1999-2019", que contén os carteis de todas as exposicións producidas polo Aquarium durante este período, e "Sexo azul", sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga, formada por 20 módulos que conteñen acuarios con seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.
Ademais, durante os sábados do mes de xuño, o Aquarium Finisterrae entregaralle ao público, de forma gratuíta e ata esgotar as existencias, un cartel promocional histórico dos editados desde a súa inauguración.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible