7 de febreiro de 2022
Chegouse a este número ao recibir un grupo de escolares de 5 anos do CEIP de Prácticas da Coruña.
Na mañá do luns 7 de febreiro o Aquarium Finisterrae acadou os 6 millóns de visitantes desde que abriu as súas portas por primeira vez o 5 de xuño de 1999, ao recibir un grupo de escolares de 5 anos do CEIP de Prácticas da Coruña.
As persoas que visitaron o Aquarium Finisterrae desde os seus inicios puideron coñecer os diversos atractivos que se foron presentando, desde o medio centenar de exposicións temporais, as actividades infantís «Merendas no Aquarium», «Durmindo con quenllas», ou o taller familiar «Aventura coas focas».
Pero sen dúbida as estrelas do Aquarium son a colonia de focas das piscinas exteriores e Gastón, o tiburón touro de 2 metros de lonxitude que vive no tanque da sala Nautilus. As dúas primeiras focas, Hansi e Petra, chegaron no ano 2000. Tres anos máis tarde, a principios do verán, naceron Deneb e Altair, as primeiras focas coruñesas. E o 10 de febreiro de 2006 incorporouse Gastón.
Forman parte da colección biolóxica do Aquarium Finisterrae, composta por exemplares de máis de 300 especies de peixes, invertebrados, anfibios, réptiles, algas, plantas e mamíferos mariños. Son especies, na súa maioría, características dos ecosistemas mariños atlánticos, unha singularidade deste acuario dedicado a divulgar a vida mariña da súa contorna máis próxima.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
22 de decembro de 2022
Dirixido a maiores de 7 anos, incorpórase á programación do Planetario este Nadal
21 de decembro de 2022
A mostra contén fotografías, fragmentos de testemuños da cidadanía e esculturas creadas a partir dos restos do naufraxio.
12 de decembro de 2022
Está formada por 15 fotografías e un vídeo no que se mostran especies de cetáceos do Atlántico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible