Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2020

O Aquarium Finisterrae comeza o seu horario de verán

— Do 1 de xullo ao 31 de agosto, a apertura para as visitas será das 10.00 ás 20.00 horas. O acceso pecha ás 19.00 horas.— A Casa das Ciencias e a Domus aínda permanecen pechadas.

O Aquarium Finisterrae estrea horario de verán, que estará vixente do 1 de xullo ao 31 de agosto. Neses dous meses a apertura de visitas será de 10.00 a 20.00 horas, aínda que o acceso péchase ás 19.00 horas. Para visitar a Casa dos Peixes é preciso realizar unha reserva de entrada previa, co fin de facilitar o control de acceso dun máximo de 30 persoas cada 20 minutos. Unha vez dentro das instalacións, a visita ten duración ilimitada. A reserva debe realizarse por internet, con ata tres días de antelación, a través deste enlace web.

Poderán reservarse un máximo de cinco entradas por persoa e elixirase o día e tramo horario segundo a dispoñibilidade.

Condicións das visitas

Todas as persoas que visiten o Aquarium Finisterrae deberán gardar unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria (segundo a resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia), durante toda a visita e manter a distancia de dous metros entre persoas coas que non convivan. Ademais evitarase tocar calquera obxecto ou superficie, e os elementos interactivos do museo permanecen deshabilitados.

Sala Nautilus

Polas súas características, o acceso á sala Nautilus poderá organizarse puntualmente en quendas de 20 minutos en grupos de tamaño reducido e acompañados por unha persoa do centro. Para compensar estas restricións, o prezo da tarifa reduciuse de 10 a 4 euros.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión